O autor


SUSO DE TORO (Xesús Miguel de Toro Santos. Santiago de Compostela. 10-1-56) Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea.
* Do ano 76 ao 78 escribe os textos para o grupo de teatro na rúa «Pepa Loba».
* No ano 83 obtén o premio «Galicia» de Literatura da Universidade de Santiago co libro de relatos «Caixón desastre» (Edit. Universidade de Santiago, reeditado en «Edicións Xerais», Vigo. 2º edición)
* No ano 86 publica o libro de relatos «Polaroid», que recebe o Premio da Crítica de Galiza («Edicións Xerais». 7ª edición).
* No ano 88 publica o romance «Land Rover» (Edic. Xerais. 7ª edición) e editada en castelán, francés ( «Edicións Xerais» 7º edición/ «Ediciones B», Barcelona/ «Rivages», París. «Ediciones del Norte», Gijón)

* No 90 «Ambulancia», romance policial («Edic. Xerais», 8ª ediçom) en castelán, «Ediciones B», Barcelona. En Grecia (2003)
* No 91 «F.M.», seleción de textos xornalísticos sobre arte, política e cultura (Edicións Positivas», Santiago de Compostela)
* No 91 «(Unha memoria da esquerda nacionalista) Camilo Nogueira e outras voces», estudo da evolución da esquerda galeguista («Edic. Xerais»)
* «Unha pouca cinza», textos sobre Santiago de Compostela. Edit. Compostela. 1992.
*No 93 publica «Tic -Tac», romance que obtén o Premio da Crítica Española e o premio «Arzobispo San Clemente». Premio dos Libreiros da Coruña. Em galego e castelán («Ediciones B») e em Holanda (Edit. «Balance»).
Deu lugar a unha montaxe teatral de Etelvino Vázquez dirixindo á compañía «Teatro de ningures»,outra montaxe de Teatro de Adro e a outra de “La República” (Canarias).
*»A sombra cazadora», romance (Edicións Xerais, Decembro do 94). 15ª edición. (En castelán, en «Ediciones B»; en portugués «Dom Quixote»; en catalán «Columna»). En “Alfaguara xuvenil”, 2003.

Dereitos para cine cedidos a «Continental Producc.»
*»Unha rosa é unha rosa (unha comedia de medo)». 1.996, 5ª edición en Edic. Xerais.
(Escrita para a companhía «Teatro do Noroeste», representada a temporada 95-96. )
*»Conta saldada».Romance, 1996 (6º edición, «Alfaguara/Obradoiro» en galego/ 8º edición en Alfaguara juvenil em castelán/ Alfaguara en catalán).
(Cedidos os dereitos para cine a «Continental Producciones».)
*»Parado na tormenta», ensaios literarios. 1.996. Ed. Galaxia.
*»Calzados Lola», romance.1997. (6º edición en Ed. Xerais en galego; «Ediciones B» e «Círculo de Lectores» em castelán)
*»La flecha amarilla», libro de viaxe (con fotos de Xurxo Lobato).
1998 (Ed. El País /Aguilar)
*»Círculo», libro de relatos (2º edición en Ed.
Xerais).
(Adaptada a teatro no 2000 por Teatro do Adro. )
* «Non volvas», romance. Abril do 2000. Premio da Critica Española. (6ºedición en Ed. Xerais/ en Ediciones B e em «Círculo de Lectores» em castelán no 2001)
*»El pueblo de la niebla /O País da brétema (Unha viaxe no tempo pola cultura celta)», introdución á cultura e literatura celta, ensaios literarios. Maio 2000. (Ed. El País/Aguilar, en galego e castelán)

* «A Carreira do salmòn». Antoloxia de escritos en prensa, conferencias e inéditos. (Decembro do 2001. Edicións Xerais)

*»13 Badaladas», romance. Em Abril do 2002 en Edicións Xerais (8ª edición). «Trece Campanadas», en Seix Barral, e Setembro do mesmo ano (4ª edición). En “Círculo de lectores” (2.002). En francés Ed. Jacqueline Chambon. Catalán, Ed. Bromera.
Adaptada a cine por «Continental», dirigida por Xavier Villaverde. Estreada en Novembro do 2002.

*»Servicio de Urxencias», libro cos guions dunha serie televisiva. Edic. Xerais, Xuño-2002 ( 2ª edición)

*”Nunca máis”,Ed. Xerais, 2003 (5ª ed.). Edit. Península (5ª edic). Edit. Ara Llibres, (2ª ed.).

*”Morgún (Lobo Máxico)”. Ed. Xerais, 2003 (2ª ed.).

“Españois todos”, Ed. Xerais, 2004. Ed. Peninsula, 2004.

*“Ten que doer (Literatura e identidade)”, (Textos sobre literatura, artes e cultura editados por Rexina Vega), Ed. Xerais, 2.004

*“Outra idea de España”Xerais. 2ª edición/ “Otra idea de España”, Editorial Península, Barcelona/ “Una altra idea de Espanya”, Editorial Bromera, Valencia.

*“Morgún”, 3ª edición, Ed. Xerais/ Edit. “S.M.” 2.005.

Premio “Lecturas” de Galix, 2005.

“Home sen nome”, Ed. Xerais, 2006 (4ª edición). (“Hombre sin nombre”, Ed. Lumen y Círculo de Lectores/ “Home sense nom”, Ed. Bromera. “Uomo senza nome”, Ed. Gran Vía. Italia)

“Madeira de Zapatero”, Ed. Xerais, (3ª edición) /Ed. RBA(6ª edición)

«Andar tropezando», libro electrónico.ensaios sobre arte, literatura e sociedade. Ed. librodenotas. (2009)

«Sete Palabras», novela. Edicións Xerais, papel e dixital.(Novembro, 2009).

en  »Alianza Editorial», marzo, 2010.

Editor de «Berra liberdade», varios autores, Editorial Galaxia, 1996,  (a beneficio de Amnistía  Internacional)

Cancións, (Premio “Max”, mejor canción en gallego por “Pedras contra tanques”. Premio “Max” de teatro). Artigos de prensa, colaboracións xornalísticas en radio.

Premio de los Libreros de Galicia, 2001.

Entre o 2001 y el 2003 tivo na rede un blog baixo o título, “Botelha ao mar”.

Foi patrono da Biblioteca Nacional, de xeito inopinado, do ano 2000 ao 2004.

Tras a publicación de «Sete palabras» renunciou á literatura como oficio, como carreira literaria e

como actividade pública.

Sobre este autor: «Conversas con Suso de Toro», Antonio Pedrós-Gascón», Ed.Xerais, , 2005