MILITANCIA ANTIFRANQUISTA Y MUÑOZ MOLINA

El viernes leí en “A Nosa Terra” una entrevista que me hizo el periodista Xan Carballa, de allí entresaco esto:

-No libro ten unha referencia ao tempo da clandestinidade no final do franquismo, na que cristalizaría o mellor daquela mocidade súa.

-Síntome un supervivente dentro dunha xeración fusilada. O compromiso daquel momento era moi radical e está aínda sen contar porque se precisa tempo para contalo. Houbo xente da nosa xeración que, por non participaren na clandestinidade, para xustificar a súa posición, cousa que ninguén ten por que facer, desacreditou o antifranquismo todo e a loita clandestina, como se fose cousa de “fillos de papá e progres”. Non foi así. Tomáronse decisións profundamente morais que implicaban a vida enteira. O día que fusilaron aos cinco do 27 de setembro de 1975, abrín ás 7 da mañá o bar dos meus pais. Lembro o silencio que había e como un cliente meu, fascista, sinaloume co dedo espetándome “aos comunistas había que fusilarvos a todos”. E sempre me sentín fusilado, porque foron uns e podíamos ser nós. Se Franco tarda tres meses máis en morrer…. Non todo se pode contar, porque a clandestinidade baseábase no delito, e non fixemos máis porque non cadrou. Teño claro que ía haber máis sangue porque aqueles anos eran sinistros. Fomos unha xeración disposta a todo e houbo unha intensidade existencial, a vida ou morte, que nunca máis volvemos a vivir. Vivimos a mocidade nunhas circunstancias de gran dramatismo e de dilemas. Nunca volveremos ter unha mirada inxenua sobre a realidade, e hoxe penso que só se pode afrontar a realidade, desde a utopía da democracia.

El sábado leí en El País, suplemento “Babelia”, un texto de Antonio Muñoz Molina, “Larga vida al presidente Mao”, de allí entresaco esto:

“Mientras lo más pijo del mundo universitario de Occidente se afiliaba a la moda prochina, en el mundo real millones de vidas eran arruinadas, se demolían tesoros del pasado y se quemaban bibliotecas, se escarnecía y se torturaba y se asesinaba a quienes no eran del agrado de los guardias rojos, todo ello en virtud de un mandamiento nihilista del viejo dictador, al que habían enloquecido demasiados años de poder absoluto hasta un extremo que poco a poco se ha ido filtrando a los relatos de los historiadores.”

Prefiero no hacer comentarios sobre la intención o la explicación de esa manía de Muñoz Molina, pero yo, que fui “chino”, nunca me sentí “pijo”. Defendimos ideas tremendamente equivocadas pero formar parte de las organizaciones clandestinas, con sus errores, era el único  modo que teníamos de combatir el franquismo. No era obligatorio comprometerse en la militancia antifranquista, tampoco me parece correcto ensuciar ahora a aquellos militantes. En todo caso Muñoz Molina carece de autoridad moral para hacerlo, que se mire en el espejo antes.  Non era obrigado comprometerse na militancia antifranquista, tampouco me parece correcto ensuxar agora aquela militancia. En todo caso Muñoz Molina carece de autoridade moral para facelo, que se mire no espello antes. Que ya está bien de tanta tontería.

CRISIS Y CAJAS DE AHORRO GALLEGAS

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/camarote/elpepiautgal/20100207elpgal_5/Tes

UN POETA: MANOEL ANTONIO

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/lenda/Manoel/Antonio/Perez/Sanchez/elpepiautgal/20100205elpgal_22/Tes

W.G.SEBALD, CECILIA DREYMÜLLER, “Incisiones”

Contó el escritor alemán W.G.Sebald que  un día descubrió que aquellos profesores que le daban clase eran “viejos fascistas encubiertos”. Fue lo que descubrió Paul Celan cuando pasó por Alemania después de la guerra, tuvo que ser para él una sensación verdaderamente “unheimlich”. Cristina Dreymüller escribió en “Incisiones” (Galaxia Gutenberg/Círculo de Lectores) la historia de la literatura alemana contemporánea que no escribirían nunca aquellos viejos fascistas.

INGLÉS? FRANCÉS

Ahora que quieren hacernos obligatorio el inglés: ¡aprender francés!

“EMMENEZ MOI” de Charles Aznavour

Esta canción maravillosa resume uno de los temas de “Siete palabras” (y es parte de la banda sonora del libro): la redención de la vida, la esperanza.

Charles Aznavour canta coa rabia dos supervivintes cando falan da ferida: é un supervivinte dun xenocidio, o dos armenios a mans da Turquía de Ataturk.

UN NIÑO CANTA: KURDISTÁN

Impresionante. Nada nos impresiona tanto como el canto. La música es cierto que son los números de las esferas y los átomos, el canto es la música encarnada;  con todos los sentimientos y emociones de la carne.

Deeremos recordar siempre Auschwitz y debemos recordar siempre Palestina,Sahara, Kurdistán...Un niño kurdo canta. Quien quiera escuchar, escuche.

PEDAZOS DE “HOME SEN NOME”

Encontré en la Red estos dos pedazos del texto inicial de “Home sen nome” (“Hombre sin nombre”, en Ed. Lumen y Círculo de Lectores), están editados en la revista “Madrygal” de la Universidad Complutense de Madrid.

No los incluí en el libro por algún motivo que ya no puedo recordar pero creo que ayudan a entender mejor al protagonista del libro, el Viejo.

195Madrygal, 2007, 10  195-196

(PARA A PARTE FINAL DO LIBRO)

– E se cadra podías ti escribir unha novela con

todo iso, todas esas calamidades e miserias que

che contei (ou que che contou, segundo o que fala

sexa o Vello ou Nano). Un libro cos mortos todos.

Como o libro dos mortos dos exipcios.

– Non teño interese en escribir novelas. As

novelas son todas de tese, contan unha historia

malamente e de modo aburrido porque os que de

verdade quere o autor é mostrarnos a súa visión

da vida, a súa opinión.

– Así que novelas, non. Ti de literatura, nada.

Quero dicir de escribir para publicar en libros.

– Non é iso. Eu gusto das historias, os escrito-

res debemos dar historias e nada máis, non debe-

mos ter complexo ante os filósofos. Unha historia

ten máis sentido, máis poder, que os discursos do

autor sobre isto ou sobre aquilo. Ou sexa, que

para min a historia de calquera persoa encerra

misterio.

– Iso é o que di sempre a xente, “coa miña vida

escribíase unha novela”. E non é certo, son vidas

sen valor. Os que teñen unha historia digna de ser

contada están mortos, os que están vivos é porque

non viviron de vez.

– E logo a vida de vostede cre que non da para

varias historias cheas de misterio.

– Amiña vida foi so unha historia. Non é

como agora que a xente cambia de traballo,

cambia de esposa, cambia de lugar… Eu aínda que

andei de aquí para alá vivín unha soa vida. Pero

non hai nada que contar, non foi vida tampouco.

Non houbo vida. Foron todo sombras.

(OUTRO ANACO)

– Todo iso da rebelión contra Deus e todo iso

parécemelle tan vello. Cousa doutro tempo. Eu qué

quere que lle diga. Está mal que o diga eu, que son

escritora, pero élle todo tan literario…Como se fose

unha ópera. Claro, o Don Giovanni.

– Non, xa, vexo que levas razón. Eu xa debía

estar morto hai tempo, son doutro tempo.

– É que esa maneira de vivir a relixión, de

vivir a vida toda. Desa forma tan tráxica, xa nin-

guén a vive así. Iso da para facer alta literatura,

ou deu, pero xa está fóra de época. Nin os cris-

tiáns crentes que van a misa os domingos viven

a vida así.

– Entón ti, que es escritora, qué literatura

escribes? Trapalladas? Aínda que un sexa ateo hai

que ter unha relixión. Aínda que non acredites en

que existe un deus hai que ter algunha relixión.

– Hai moita xente que cre vagamente…

– Ti, que es escritora, non podes dicir parvadas

así. Nin sequera se trata de crer. Eu acredito en

que estou contra Deus, son eu quen crea a Deus

para destruilo. E que me importa se o hai ou non

o hai? Se non o houbese teríao creado eu coa miña

enerxía. Son quen a crear a Deus. Porque son.

Non é acreditar, ter crenza ningunha. É ser. Ser

un. E para ser precisas unha vida tráxica, a vida

que só cha da a relixión.

– E os que non temos relixión logo?

– Sodes nada. Sen relixión sodes nada, non

sodes. Contra quen sodes? Contra ninguén. Contra

nada.

– As relixións son máis cousas que algo contra

o que rebelarse. Arelixión tamén pode ser un

modo de reencontrarse co mundo.

– Ai, ben sei do que me falas. Oín falar de

Heidegger, o filósofo. Cando estiven na Alemaña

non o coñecín. Eu estaba en Berlín. Pero, mira,

neniña, daquela ti tés algunha relixión? Bapti-

zaches á túa filla?

– Non bapticei. Inscribina no rexistro civil, e xa.

– E non ves que estás perdida? Non tés relixión

ningunha. E aínda que quixeras tela, facerte budis

Fragmentos inéditos de Home sen nome1

Suso DETORO

1 Presentamos dous borradores que, finalmente, non foron inseridos no texto final da recente novela Home sen nome(Xerais, 2006),

do recoñecido escritor Suso de Toro. Ambos os dous anacos son parte dunha conversa entre o Vello protagonista e un personaxe secun-

dario, Celia (que xa aparecera en Trece Badaladas). Como verá o lector na paréntese, por ser un borrador, o autor aínda non tiña deci-

dido se a primeira conversa era con Celia ou con Nano.

Madrygal, 2007, 10  195-196196

ta, non podes. Cada relixión é para cada raza, a

raza que a crea. E aínda que quixeras facerte dou-

tra relixión, cambiar de raza, a relixión non che

deixa. Cada un ten de rezarlle ao que é seu.

– Daquela, señor que tanto sabe, eu teño de ser

católica, non é?

– Cristiana. De preferencia, católica. É a dos

teus pais. E ademais o catolicismo ten todos os

ritos que ordenan e conducen a vida de un. Eu son

un católico, e xuro cada día pola mañá. E ti nin tés

a ninguén contra quen xurar. Nin tampouco tés un

camiño deses para religarte co mundo como dis.

Atúa vida non ten xeito, non ten forma. Que lite-

ratura has contar ti?

– Literatura para xente coma min.

– Nunca a traxedia.

– Se a vida ten de ser terribel para que os escri-

tores podamos escribir traxedia…Prefiro que non

o sexa.

– Se cadra levas razón. Pero entón, se queres

ter unha vida cómoda é mellor que non sexas

escritora. Busca outro traballo, cría a esa filla. E

non te atormentes.

– Eu non entendo a vida desa maneira, como

persoa. Mais, como escritora, vexo que hai vidas

terribeis, que a vida é terribel moitas veces. E iso

permíteme contar esas historias. Gustaría contar

a súa.

– Non.

– Cambiando os nomes…

– Non. Iso si que non. Tesmo de prometer, pro-

mete que non contarás isto. Non quero que se

poña por escrito. Quero que se desvaneza no ar

algún día, cando eu me desvaneza. Non quero que

dure máis.

– Vale, prométollo.

– E de que me val a min a túa promesa. Se non

tés nada polo que xurar.

– Xúrollo pola miña filla. Non debín dicir isto.

– Moi ben. Así que a túa filla é o teu deus. É o

que veneras. Moi ben. E que pasaría se a túa filla

adoecese, unha enfermidade incurábel? Leuce-

mia. Que farías ti?

– Buscaría axuda médica, toda a que puidese.

– Vale, e agora xa cha miraron ben e está des-

afiuzada, dinche que lle quedan dous días de vida.

Que fas?

– Non fago nada. Estar con ela. Qué cousas me

fai pensar tamén…É vostede máis retorcido que

un escritor.

– E non rezas? Non rezarías?

– Pode ser. Non sei.

– Vin morrer moitos homes, de moitas manei-

ras. Tíñaos case sempre diante miña cando mo-

rrían, de perto e ollando para min. Podería facer

un libro contando o que experimentei, as cousas

que aprendín. E tamén vin morrer nais e fillos. E

sei moi ben que, nesa situación, ti rezarías.

Rezarías a quen fose, a calquera. E ofrecerías

facer cousas a cambio. Ofreceriaste ti mesma.

– Seguramente. Ten razón.

– E non ves? Hai que ter alguén a quen rezar

cando chega esa hora. Hai un momento que a todos

vos chega no que esquecedes as parvadas que tedes

na cabeza e queredes pór os xoellos na terra e bai-

xar a cabeciña. Entón chorades e pedides xemendo.

Esa é a hora da verdade. Aí é que cando abrides os

ollos de vez. Coñézovos ben aos humanos.

– E logo vostede non é humano? Vostede

nunca rezou, nunca pregou, en tanta vida que leva

vivido?

– Nunca. Nunca. Ése son eu. Xa cho dixen. Eu

son o que nunca se dobrou. Para min non hai

absolución dos meus pecados. E non haberá

redención. Se me axoello ninguén me tenderá a

man paternal para axudarme a erguer. Se agora

caese ninguén me acollería nos seus brazos.

Agora, cando á fin marche, cando me liberes, nin-

guén agardará por min alá. Para min non haberá o

colo da Madonna da Pietá. Nin celestial morada.

– Pero é se non fose precisa a absolución de

pecado ningún para entrar nun ceo que non exis-

te? E se non existise o pecado?

– Pobriña. Mísera. Unha vida sen pecado é a

vida máis ruin e mísera. É unha vida sen salvación

tampouco. Non é unha vida, é unha condena.

Parece mentira que chegue o ceo até min a través

dunha forma tan mundana, tan profana.

Suso de Toro Fragmentos inéditos de Home sen nome

193-198 Narrativa.qxd  30/05/2007  10:10  PÆgina 196

JOSÉ LUÍS RODRÍGUEZ ZAPATERO Y LA RELIGIÓN

Andan los medios de comunicación del búnker madrileño enredados y enredando en si el presidente Zapatero va a una ceremonia religiosa en Washington y no debiera ir. No entro en consideraciones sobre política internacional ni sobre el papel y el carácter de los ritos en la vida pública, sólo recuerdo que en mi libro “Madera de Zapatero” (ese libro tan criticado y del que no reniego) el presidente en algún momento dice que la suya es “la religión del hombre”. ¿No es eso religión? Casi es directamente la religión que predicó “El hijo del hombre”, ¿no?

EN DEMOCRACIA EL TERRORISMO ES FASCISMO

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Malestar/division/elpepiautgal/20100131elpgal_4/Tes