Estas formigas. Non só non marchan, xa son donas do lugar, un afíxose a que dean voltas pola mesa, polo teclado mirando de que os dedos non as esmaguen. Aquí non hai restos de comida, nada que comer, e elas seguen. Que comerán? Por que rondan o teclado? Len o que eu escribo? Comen palabras? [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/zjRD35sSjIU" width="425" height="350" wmode="transparent" /] Ás veces un lembra cousas soltas, filmes esquecidos, lembrei un esquecido e inesquecíbel «Carne viva» («Prime cut»). Un filme terribel, emparentado coa singularísima «A noite do cazador», de Charles Laughton. E comprendín que esa narración eléctrica non é senón un conto infantil, Carapuchiña Vermella (Sissy Spacek). O inmenso Lee [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/qlplz4P_9Hk" width="425" height="350" wmode="transparent" /] Para quen non teña medo a pasar por leira. Para quen sexa quen a bailar nunha discoteca «anos oitenta» italiana. Marabillosa Giuni Russo (atención a eses chíos de fondo).
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Rjn6vDbKbJs" width="425" height="350" wmode="transparent" /] O tango é unha convención artística, unha linguaxe que pide autoconfianza e certa coraxe para interpretalo. Trata de vidas tráxicas (nun mundo inxusto).Non é para xente irónica. Aquí vai «Percal».
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
A Camilo Nogueira foille entregado o «Pedrón de Ouro» como recoñecemento á súa vida mesma, unha vida con sentido vivida ao arredor da Galiza. Non teño palabras para reivindicar ao Camilo. Alégrome de que se fagan, á fin, eses recoñecementos. A «laudatio» de Xusto Beramendi é xusta e precisa e non digo máis. (Está publicada [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
No festival de curtametraxes de Cans: rodeado de xente do teatro, da televisión, do cinema, de toda esa cousa xunta…, de veciños da aldea e mais do concello do Porriño…Así é como ten sentido a literatura. Así é como a linguaxe literaria recupera o seu sentido. Hoxe os membros do xuri teremos que decidir [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
Unha interpretación ordenada, cabal e comprensíbel do mundo que nos toca, desvela os mecanismos ocultos da dominación. Paga a pena.
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
Estas formigas deste ano non son as da vez pasada, son outras. Son tordas, parvas, obtusas, non marchan, andan por todo lado, cada vez por máis lugares da casa. Mesmo polo teclado agora mentres estou a escribir isto. Teño medo a caer dentro dun conto escrito por Borges ou Cortázar. Ou que teña escrito eu [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
Levan insultado ben ao tal «Suso de/del Toro», un afaise a todo aínda que non queira. O que aínda non lle acontecera ao Suso de Toro era ser tocado pola musa de Alfonso Ussía, xa citara antes en prosa, mais agora nun verso epopeico.. Vaites, arredemo. «En su mesilla de noche/sin ser abiertos, aguardan/libros de [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
O descorazonador da política de Núñez Feijóo contra a lingua galega é que nos teñamos que retrotraer a defender o evidente e necesario. Que nos vexamos outra vez, sempre, na resistencia. Neste tempo a facer aínda libros como este.
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados