GRANDE ARTE

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/4L0DInKUnzc" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

TAUROMAQUIA: VÍSCERAS

O rito da tauromaquia pode que non sexa exactamente un culto á morte, senón ás vísceras. O que os asistentes queren ver ansiosos, de ollos abertos, son sangue e vísceras, do cabalo, do touro ou do toureiro.

PEPE RUBIANES, «RUBIÁNS»

Coñecín a Pepe Rubiáns nunha rúa de Compostela hai anos, andaba el como cómico que era polos camiños e as prazas cunha montaxe dunha obra de Darío Fo. Saudámonos anos despois en Barcelona, el achegouse a ofrecer a súa presenza nun acto de protesta contra a conducta daquel Goberno en relación co «Prestige». Era un [...]

TAUROMAQUIA

A tauromaquia é un lugar límite na cultura occidental actual, un resto doutra época, a época fundacional da civilización. Gostemos ou non das touradas chámanos a atención. Hoxe leo nunha crónica dunha tourada, o crítico recrimínalle aos bois que sexan mansos. Quere que sexan bravos, ou sexa asasinos. E penso nun toureiro que está grave [...]

«MUTIS DO ESPECTRO» («Exit Ghost», Philip Roth. «Sale el espectro», Edit. Mondadori)

Falei onte polo mediodía cun amigo, recupérase xa dunha operación, e con outro pola tarde, cousa parecida. Hoxe apañei, outra vez, este libro do Philip Roth e pregunteime por que era que o abría e o deixaba estar unha vez e outra. Volvín ler nel: ao protagonista operárono de próstata, vaise voltar operar, o seu [...]

ISRAEL PROVOCA, DESAFÍA E CHULEA AO MUNDO

Quen pense que a historia da humanidade é a historia meramente dos reinos, os estados, as clases sociais…, quen exclúa como categoría existente aos «pobos», quen ignore ou negue a Herder en suma, non comprenderá o comportamento do estado de Israel, un «estado xudeu». Existiu e existe un grupo humano que se ve a si [...]

GLAMOUR, ELEGANCIA (Público asistente, «Festival de curtametraxes de Cans»)

OS INTELECTUAIS «PIJOS» DE DEREITAS

Publica El País hoxe unha carta ao director de Manuel Rivas que sae ao paso dunha baixeza nunha tribuna anterior do Félix de Azúa. Ese señor sen dúbida ten identificados aos seus inimigos e personaliza neles as súas teimas, varias veces invocou o meu nome confusamente e sen vir a conto (aquí con sentido explícito). [...]

«A política faise nas alcantarillas» (Macià Alavedra a Prenafeta)

Precisamente o que haxa de idealismo na política, o que a salva, é tirala para fóra dos sumidoiros, do esgoto. Aí comeza a política utópica.

«TODOS SODES CAPITÁNS»

Os creadores deben ser bos e xenerosos, valentes. Eis «Todos sodes capitáns.