Javier Dámaso di en «enclave» súa web que «7 palabras» é un «romance intimista»…Pois pode ser, pode que diso se trate: ensimesmarse até o mundo da infancia.
Filed under LIBROS "SETE PALABRAS" ("por arte de maxia") por susodetoro
Comentarios desactivados
Os creadores deben ser bos e xenerosos, valentes. Eis «Todos sodes capitáns.
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
Unha formiga pasa pola pantalla adiante, dá unha volta ao redor do epígrafe «Fin de partida» deste blog e volta polo lado da pantalla por onde veu. Que me quere dicir? Quéreme dicir algo? Que vaia acabando? (Hoxe vexo que as formigas saen de dentro do teclado, como se tivesen feito alí un formigueiro. Teño [...]
Filed under FIN DE PARTIDA por susodetoro
Comentarios desactivados
Andaba eu onte amolado porque, unha outra vez máis, outro columnista do ABC, ou de La Razón ou da Cope mandábame un lapote sen que viñese a conto. O César Alonso de los Ríos (teño remorsos ou vergoña por ter sido comunista cando individuos así tamén o foron): «Luego había que hacer la «batalla cultural» [...]
Filed under FIN DE PARTIDA por susodetoro
Comentarios desactivados
Non hai como ser querido no teu país. Reproduzo unhas frases cheas de cariño e respecto dun blog: «Este escritor que so ten duas obras que se poidan mirar dende a curiosidade, Polaroid, e Tic tac, que non pasan dun mero experimentalismo, producindo todo o demais en serie B e C. como a última, que [...]
Filed under FIN DE PARTIDA por susodetoro
Comentarios desactivados
Estas formigas. Non só non marchan, xa son donas do lugar, un afíxose a que dean voltas pola mesa, polo teclado mirando de que os dedos non as esmaguen. Aquí non hai restos de comida, nada que comer, e elas seguen. Que comerán? Por que rondan o teclado? Len o que eu escribo? Comen palabras? [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/zjRD35sSjIU" width="425" height="350" wmode="transparent" /] Ás veces un lembra cousas soltas, filmes esquecidos, lembrei un esquecido e inesquecíbel «Carne viva» («Prime cut»). Un filme terribel, emparentado coa singularísima «A noite do cazador», de Charles Laughton. E comprendín que esa narración eléctrica non é senón un conto infantil, Carapuchiña Vermella (Sissy Spacek). O inmenso Lee [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/qlplz4P_9Hk" width="425" height="350" wmode="transparent" /] Para quen non teña medo a pasar por leira. Para quen sexa quen a bailar nunha discoteca «anos oitenta» italiana. Marabillosa Giuni Russo (atención a eses chíos de fondo).
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Rjn6vDbKbJs" width="425" height="350" wmode="transparent" /] O tango é unha convención artística, unha linguaxe que pide autoconfianza e certa coraxe para interpretalo. Trata de vidas tráxicas (nun mundo inxusto).Non é para xente irónica. Aquí vai «Percal».
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
A Camilo Nogueira foille entregado o «Pedrón de Ouro» como recoñecemento á súa vida mesma, unha vida con sentido vivida ao arredor da Galiza. Non teño palabras para reivindicar ao Camilo. Alégrome de que se fagan, á fin, eses recoñecementos. A «laudatio» de Xusto Beramendi é xusta e precisa e non digo máis. (Está publicada [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados