[lang_gl]A ENVEXA É VERDE[/lang_gl][lang_es] LA ENVIDIA ES VERDE [/lang_es]

[lang_gl] Aínda que gravara unha entrevista para este programa non o vin cando foi programado, faláranme del persoas que o viran e a min costábame crelo. Era verdade: leña ao mono, que non fala!.
Aquí vai o vencello a un programa da TVG, “Foro aberto”. Do minuto 20 ao 22 fala un escritor chamado Xosé Carlos Caneiro que escribe en “La Voz de Galicia”, e disque disfruta agora tamén dun programa na TVG. Sen dúbida no seu programa será un home ecuánime, decente e profesional; nada de defender os seus intereses particulares. Nada de envexas.
O que di esta persoa, o que deixa quedar aí tranquilamente, é a medida do que se pode dicir do autor Suso de Toro na Galiza sen que ninguén teña nada que alegar en defensa do autor ou da obra. No programa semellan concordar todos: estou “ofuscado”. Realmente levo ofuscado desde o comezo, pois sempre pensei así. É interesante saber estas cousas. Son os tempos de Núñez Feijóo. E de Caneiro (é dicir Santiago Rey).
(Realmente nunca debín subir a este blog un apuntamento no que informaba aos lectores do blog de que era certo que tomaría posesión da miña praza de profesor e abandonaba a profesión de escritor.) [/lang_gl] [lang_es] Aunque había grabado una entrevista para este programa no lo vi cuando fue programado y aunque me habían hablado de el me resistía a creer lo que me contaban. Aquí va el enlace a un programa de la TVG, “Foro aberto”. Del minuto 20 al 22 habla un escritor llamando Xosé Carlos Caneiro que escribe en “La Voz de Galicia” y parece que tiene ahora un programa también en la TVG. Sin duda en su programa hará una labor profesional, imparcial, ecuánime; nada de envidias ni de oponer sus intereses particulares a los de los rivales.
Lo que dice esta persona, lo que deja quedar ahí tranquilamente, es la medida de lo que se puede decir del autor Suso de Toro en Galicia sin que nadie tenga nada que alegar en defensa del autor.
Es interesante saber estas cosas. Son los tiempos de Núñez Feijóo. Y de Caneiro.
(Realmente nunca debí de subir a este blog un apunte en el que informaba a los lectores del blog de que abandonaba la profesión de escritor para tomar posesión de mi plaza de profesor.)[/lang_es]