PIM, PAM, PUM. DESDE AQUÍ E DESDE ALÁ
Andaba eu onte amolado porque, unha outra vez máis, outro columnista do ABC, ou de La Razón ou da Cope mandábame un lapote sen que viñese a conto. O César Alonso de los Ríos (teño remorsos ou vergoña por ter sido comunista cando individuos así tamén o foron): «Luego había que hacer la «batalla cultural» -que diría Suso de Toro- en contra de la Iglesia y la Unidad (sic)».
Andaba eu amolado pensando nos sectarios madrileños e aínda non sabía que habería quen quixese convocar na Galiza un boicot aos meus libros: visibilizan o que estaba oculto.
Non empurrar, xa marchaba.
Arquivado en : FIN DE PARTIDA por susodetoro