FORMIGAS POLA PANTALLA
Unha formiga pasa pola pantalla adiante, dá unha volta ao redor do epígrafe «Fin de partida» deste blog e volta polo lado da pantalla por onde veu. Que me quere dicir? Quéreme dicir algo? Que vaia acabando?
(Hoxe vexo que as formigas saen de dentro do teclado, como se tivesen feito alí un formigueiro. Teño dúbidas de se os apuntamentos no blog escríboos eu ou elas. Supoño que aínda son eu)
Arquivado en : FIN DE PARTIDA por susodetoro