«MORGÚN» E A XENTE DA BRÉTEMA

Hai anos escribín un libro, «O pobo da brétema» (Edit. Aguilar) no que trataba da cultura celta, esa cousa que nos ten prohibida aos galegos a prehistoriografía falanxista dominante, e uns anos despois escribín «Morgún» (Xerais) (A ilustración dunha personaxe, «Dous corvos», foi unha proposta do debuxante Abraldes que no tuvo consecuencia). Teño a impresión de que estes dous libros simplemente non teñen contexto para ser comprendidos, ou sequera lidos con atención. Para recibir «Morgún» primeiro habería que ler «O pobo da brétema». Algún día, pode.
Leo nun post que agradezo de corazón e no que sería lindo poderme ver. Non teño unha visión tan heroica de min, madialeva. Aínda que xa quixera, sempre admirei o lema do grande guerreiro Cu Chu Lain, o salmón: «Defendo a todo humilde, ofendo a todo poderoso». E non o puxen de cita nalgún deses dous libros? Parécemo lembrar (ónde andarán eses libros pola casa)