[lang_gl](Sobre a morte do autor)AUTOR/INTERNET: UNHA INCOMPATIBILIDADE[/lang_gl][lang_es] (Sobre la muerte del autor) AUTOR/INTERNET: UNA INCOMPATIBILIDAD[/lang_es]

[lang_gl] Como sobrevivirá a figura do creador artístico ou intelectual, o autor, no novo tempo, na Rede? Se sobrevive terá que buscar un espazo propio, distinto, ao espazo homoxéneo da Rede.
A Rede basease precisamente en que non hai autor, alguén que sexa dono da súa obra, das súas ideas: non permite o exercicio narcisista de construir a individualidade creadora.
De feito a experiencia dun autor calquera na Rede é, antes de cousa ningunha, verse despoxado do recoñecemento previo, verse abaixo da posición que ocupaba: na Rede todo o mundo é igual, opina con igual autoridade sobre calquera cousa, non se recoñece ao especialista, non se lle recoñece a ninguén que sexa “dono” dun tema. Nin sequera da súa propia obra creativa.
Rede e autor son, de primeiras, incompatíbeis. Na Rede o autor vese nunha situación que impide a súa propia existencia: tanto a súa figura como a súa obra son discutidas, cuestionadas, mesmo denigradas tanto por persoas que saben do que falan como de persoas que nin saben do asunto nin teñen interese en sabelo mais pasaban por alí e opinan, actúan. O característico é que todas esas voces, principalmente anónimas, teñen o mesmo dereito a falar, están igualadas no mesmo plano: a Rede. E están protexidas polo manto do encubrimento, el anonimato. Ao contrario que o autor, esa voz que asina debaixo do que di, as voces na Rede non responden do que din, non asumen a súa responsabilidade. Mesmo se danan ou delinquen, son impunes.
O autor até agora mostrábase exposto a unha multitude anónima que recibía o seu traballo. Agora esa multitude fala, opina. Nese runrún de voces hai voces que constrúen e outras que destrúen, que linchan. Mesmo néganlle ao autor que teña dereitos sobre a súa obra.
A situación é nova e perigosa para a figura do autor que sempre foi individualista. Interesante.
Asistimos ao desenvolvemento de algo realmente novo na cultura occidental. A ver.[/lang_gl][lang_es] ¿Como sobrevivirá la figura del creador artístico o intelectual, el autor, en el nuevo tiempo, en la Red? Si sobrevive tendrá que buscar un espacio propio, distinto, al espacio homogéneo de la Red.
La Red se basa, precisamente, en que no hay autor, alguien que sea dueño de su obra, de sus ideas: no permite el ejercicio narcisista de construir la individualidad creadora.
De hecho la experiencia de un autor cualquiera en la Red es, antes de nada, verse despojado del reconocimiento previo, verse abajo de la posición que ocupaba, que se le reconocía: en la Red todo el mundo es igual, opina con igual autoridad sobre cualquier cosa, no se reconoce al especialista, no se le reconoce a nadie que sea “dueño” de un tema. Ni siquiera de su propia obra creativa.
La Red y el autor son, en principio, incompatibles. En la Red el autor se ve en una situación que impide su misma existencia: el mismo y su obra son discutidos, cuestionados, incluso denigrados tanto por personas que saben de lo que hablan como de personas que ni saben nin tienen interés en saber del asunto. Lo característico es que todas tienen el mismo derecho a hablar, están igualadas en un mismo plano: la Red. Y están protegidas por el manto del encubrimiento, el anonimato. Al contrario que el autor, esa voz que firma debajo de lo que dice, las voces en la Red no responden de lo que dicen, no asumen su responsabilidad. Incluso si dañan o delinquen, son impunes.
El autor hasta ahora se mostraba expuesto a una multitud anónima pero silenciosa que recibía su trabajo. Ahora esa multitud habla, opina. En ese runrún de voces hay voces que construyen y outras que destruyen, que linchan. Incluso le discuten al autor que tenga derechos sobre su propia obra.
La situación es nueva y peligrosa para la figura de autor que siempre fue individualista. Interesante.
Asistimos al desarrollo de algo realmente nuevo en la cultura occidental. A ver.[/lang_es]