VAITES COA TROPA ESA!
Hai moito tempo que contemplo con abraio e estupefacción a deriva da prensa madrileña que vai concéntrica cara a loucura. Hai anos o «ABC» publicou colaboracións literarias miñas, nas súas páxinas acolleu un adianto de dous libros meus, eran outros tempos e hoxe semella incribel. Logo descubriron que eu era malo, un «rojo separatista» e ademais amigo de Zapatero, ese demo. E desde aquela o tratamento ao autor e aos seus libros foi claramente ruin e falto de ética profesional. Non cabe agora detallar todo aquí, resúmese en que pasaron a tratar ao autor como un inimigo ideolóxico e político a destruir. Por aquela era o seu espilido director José María Zarzalejos.
Agora el denuncia nun libro que o botaron do cargo no xornal outros peores que el nunha volta das loitas entre a dereita na corte. En fin, a vida pública española que recrea toda esa prensa é simplemente miserábel. Ninguén pense que iso non ten consecuencias para a vida social. E para a cultural e literaria tamén. Como diría o ex presidente Aznar, non hai que buscar os inimigos en lonxanas terras (nin nacionalidades separatistas): ese sectarismo é o verdadeiro inimigo da vida cívica española e a ameaza sobre a súa propia existenza.
Arquivado en : FIN DE PARTIDA por susodetoro