AUTOR, ACTOR
A poucos anos de comezar o camiño de ser escritor sorprendeume ter que ofrecer unha fotografía miña no libro e posar para ser fotografado para xornais e revistas.
Só agora que lisco da cena é cando vexo até que punto un autor, ademais de ser o autor dos seus libros, é o intérprete dun papel.
Arquivado en : FIN DE PARTIDA por susodetoro