PUTA, SI; DE FERRO, NON

Neste proceso impensado no que me vexo, despedirme dunha andaina tan  pública, ocorren todo tipo de cousas: fundamentalmente fixo aflorar, visibilizar, tantas cousas que están aí a cotío e non se ven. E recibín sobre todo moito respecto e cariño (lóxicamente tamén algunhas trabadas da envexa, a condición humana). O que me pasma é que [...]

MOTIVOS PARA VOMITAR

Máis que motivos para a decepción hai motivos para o vómito. Lembro a campaña de apoio a Els Joglars cando foron condenados pola xustiza militar franquista e vexo agora a Boadella e aos seus a soldo de Esperanza Aguirre. Non son precisos os comentarios. Enteirome de que volve a meterse con varias persoas, eu entre [...]

FUNERAL DE ESTADO PARA SAMARANCH

Desconcertoume o funeral de estado para Samaranch. Sabía que fora un falanxista e franquista significado, que se adaptara logo aos novos tempos. Sabía que transformou o olimpismo nun grande negocio internacional, sabía que conseguiu a olimpiada para Barcelona (e que Barcelona fixo entón unha demostración de capacidade), que tentou que Madrid tivese a súa…Comprendo as [...]

A LECTURA E OS LIBROS SÓ EXISTEN EN NÓS

A lectura é un acto personal, non é unha cousa que exista en por si, e os libros están durmidos mentres alguén non os abre e os le: a lectura e os libros só existen cando nós decidimos que existan. Están a cargo nosa, son a nosa responsabilidade. N´a Coruña hai xente que decide que [...]

ESPAÑA ATRAPADA NO SÍNDROME DE LOT: NON É POR GARZÓN, É POLO FRANQUISMO

O procesamento, procesamentos,  ao xuiz Garzón motiva hoxe marchas de protesta en moitas cidades:non se trata de Garzón, que tamén, trátase do franquismo. O franquismo é esa fantasma que segue aí, tan presente, tan actuante, e o que eses cidadáns piden é o procesamento do franquismo en ausencia. Nin sequera iso é posíbel nesta España [...]

RECUPERO UNHA REFLEXIÓN

Recupero unha reflexión sobre as condicións para a literatura hoxe na España que se publicou en Febreiro e que xa enviara á redacción cinco meses antes. http://www.elpais.com/articulo/opinion/va/ser/escritor/elpepiopi/20100228elpepiopi_5/Tes Tiña por obra de escribir unha reflexión máis específica e demorada sobre a literatura en lingua galega e a condición de escritor na Galiza máis adiante. Intentarei darlle [...]

PRETENDÍA IRME DESPEDINDO MÁIS DE VAGARIÑO

Non imaxinaba que un apuntamento no blog desencadenase a noticia, pretendía irme despedindo da vida de escritor a modo. E unha decisión que ven xa de tempo. Ando aínda a promocionar o último libro, o que un faga haino que facer até a fin e o mellor que se poda, a que volva do Sant [...]

DESPEDÍNDOME

Hai deceséis anos que son escritor profesional, traballador autónomo, e deixearei de selo nos próximos meses. Fun escritor de oficio en lingua galega e vivindo na miña cidade, Santiago, non estivo nada mal, agora volverei a ocupar unha praza de profesor nun liceo ( o mesmo no que tiven a miña primeira praza hai vintetantos [...]

«A Maxia do Saviñao» (desde Barcelona)

Pili, Carmen e Montse desde Barcelona arman unha web morriñenta, entrevístanme a distancia: soidosa. E tamén animosa:http://amaxiadosavinhaoegaliza.blogspot.com/search/label/Suso%20de%20Toro

«MAD MEN»

Vin o primeiro capítulo da serie «Mad Men», comprendín que estaba a ver a obra dun bo escritor. Cheguei ao seguinte diálogo: El: «O que vostede chama amor inventámolo homes coma min para vender medias.(…)Nacemos sós e morremos sós.(…) Vivo como se non houbese mañá, porque non o hai.» Ela: «Non me decatara até este [...]

Olark Livehelp