PUTA, SI; DE FERRO, NON

Neste proceso impensado no que me vexo, despedirme dunha andaina tan  pública, ocorren todo tipo de cousas: fundamentalmente fixo aflorar, visibilizar, tantas cousas que están aí a cotío e non se ven. E recibín sobre todo moito respecto e cariño (lóxicamente tamén algunhas trabadas da envexa, a condición humana). O que me pasma é que haxa quen non comprenda que se trata da miña vida persoal, non doutra cousa. Teño que morrer para poder retirarme e gañar acougo?

«A este paso, a mensaxe vai ser: o último que apague a luz. Como decisión persoal, non teño nada que dicir, como xesto público resulta, cando menos, magoante».
Iso resulta «cando menos»: E cando máis, que resulta? Traizón?
Non dei bastante de min? Tamén é preciso dar o sangue? Simplemente preciso baixarme e descansar. Puta si, ben. Agora que me deixen retirarme. As putas non somos de ferro, somos persoas Tamén caemos doentes, tamén nos facemos vellas.