MOTIVOS PARA VOMITAR
Máis que motivos para a decepción hai motivos para o vómito. Lembro a campaña de apoio a Els Joglars cando foron condenados pola xustiza militar franquista e vexo agora a Boadella e aos seus a soldo de Esperanza Aguirre. Non son precisos os comentarios.
Enteirome de que volve a meterse con varias persoas, eu entre elas, noutra montaxe súa. Gábano no ABC, naturalmente. A que o odio dese homiño? Os miserábeis non precisan máis motivo que a súa miseria.
Fica o consolo de saber que tamén a el lle nacerá o vómito cando se mire no espello para afeitarse polas mañás.
Arquivado en : FIN DE PARTIDA por susodetoro