«CALZADOS LOLA», en «RBA»
Chéganme a casa exemplares de «Calzados Lola» en castelán, na reedición da Serie Negra de «RBA». É «Calzados» unha novela negra exactamente? Non sei dicir ben. Comprobo que a obra faise extraña, descoñecida, para o autor.
O editor escolleu dous comentarios publicados con motivo da primeira edición hai doce anos en «Ediciones B» (aguanta a lectura doce anos despois? Tampouco non sei dicir ben).
«Urbana, marginal e inquietante», tirado do «ABC». Non sei que pensar, obrígame a ver a novela dun modo novo para min.
«Una reflexión sobre el sentido de pertenecer a una comunidad en una época de solitarios» tirado de «El Mundo». Concordo en que é un dos sentidos da historia que se conta no romance.
Arquivado en : LIBROS "SETE PALABRAS" ("por arte de maxia") por susodetoro