SOBRE MULLERES

Disque hoxe é Día da Muller Traballadora. Tanto ten, para o que serven esas cousas. No telexornal dan unha reportaxe sobre un filme que trata dun «maníaco que asasina prostitutas». Cantos filmes e telefilmes non se fixeron e se fan con ese argumento? Que obsesión temos os homes con asasinar mulleres? É ese o noso desexo máis ou menos oculto? As prostitutas, o castrón expiatorio do noso desexo máis sinistro, polo que se ve.

(Mírome no espello ao fondo dos ollos e póñome medo)

Olark Livehelp