MARÍA ZAMBRANO, «Delirio y destino»
Leo estes días reseñas de novos libros sobre a querida María Zambrano, haberá que mercalos. Encontro pola biblioteca adiante os seus libros, un deles, «Delirio y destino», é unha evocación desde o exilio intensa e fermosa dunha España. Lembro que nesa España do libro, de secano, tan atractiva e dramática, non existía a miña Galiza. Lino e constateino, María. (Non che contou Rafael Dieste cousa ningunha?)
Arquivado en : BAÚL MUNDO por susodetoro