«DIVISIÓN AZUL»

Para escribir «Home sen nome» pescudei as pegadas do nazismo na España e entre outras cousas, atopeime coa División Azul. Espertoume a curiosidade. Leo dunha homenaxe fascista, naturalmente, aos caídos no frente de Leningrado.

A «División Azul» é  un capítulo aborrecíbel máis desa infamia que foi o fascismo europeo e español, con todo é un capítulo da nosa memoria. Ou debera selo. Mesmo para poder xulgalo primeiro hai que coñecelo, escoitalo. Sinto que ninguén, excepto os filonazis, atendan ao que teñan que contar os supervivintes daquela sinistra aventura. Aínda que só sexa por curiosidade. Os vellos guerreiros saben cousas que só eles saben, aínda que sexan terribeis. Aínda que resulten insoportabeis para os nosos delicados ouvidos contemporáneos.

Coido que a frialdade, cando non hostilidade, na recepción a «Home sen nome» é debido a iso, a que non aturamos coñecer ese rostro da vida. (Gustamos de que os nosos avós sexan «guais» e o Vello do meu libro é un «sacaúntos». Iso non gusta, va que non? Va que fode? .

Olark Livehelp