JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ ZAPATERO E A RELIXIÓN

Andan os medios de comunicación do búnker madrileño enredados e enredando en se o presidente Zapatero vai a unha cerimonia relixiosa en Washington. Non entro en consideracións políticas nin sobre o papel e o carácter dos ritos na vida pública, só recordo que no meu libro «Madeira de Zapatero» (ese libro tan criticado e do que eu non renego) nalgún momento di que a súa é «a relixión do home». Se non me traizoa a memoria, con estas mesmas palabras. Non é iso relixión? Case é directamente a relixión que predicou o «Fillo do Home», non é?

Olark Livehelp