JOSÉ MARÍA AZNAR, COMO PERSONAXE

A política provoca cambios na personalidade, sobre todo nos gobernantes. Transfórmaos de persoas en personaxes. José María Aznar vive consciente e agónicamente a súa personaxe, a loitar por escribir el mesmo o seu papel. E vaise facendo unha personaxe interesante, fáltalle a grandeza das grandes personaxes, iso non o ha conseguir, mais non carece de [...]

«QUÉ VA A SER DEL ESCRITOR»

http://www.elpais.com/articulo/opinion/va/ser/escritor/elpepiopi/20100228elpepiopi_5/Tes/

ICEBERG BUSCA «TITANIC»

Un iceberg que se desprendeu da Antártida. Os icebergs, eses cachos de xeo aventureiros e soñadores, saen á mar á procura do «Titanic» imaxinado. E Galiza, deitada fronte ao Atlántico, soña cada inverno novas tormentas. Terra tormentosa.

SOBRE PRENSA, LIBROS

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/36/euros/papel/elpepuespgal/20100226elpgal_26/Tes

SOBRE AS DECLARACIÓNS DA DIPUTADA MADRILEÑA,E COMENTARISTA EN «TELEMADRID», ROSA DÍEZ, 2 OLLADAS DISTINTAS

http://www.elpais.com/articulo/opinion/resbalon/Rosa/elpepiopi/20100226elpepiopi_3/Tes/ http://www.publico.es/espana/297971/rosa/diez/zapatero/gallego/sentido/peyorativo/orgullosorlo/ Se a deputada por Madrid se dirixise a eses seus electores como «madrileños, en el sentido peyorativo de la palabra», sería meramente un «resbalón»?  Cando a xenofobia se practica contra galegos carece de importancia e debe ser desculpada? (E existe ese sentido pexorativo na palabra «madrileño» ou só a identidade dos galegos carga [...]

XENOFOBIA NACIONALISTA DE ROSA DIEZ

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Rosa/Zapatero/podria/ser/gallego/sentido/peyorativo/elpepiautgal/20100225elpgal_15/Tes#%3Fctn%3DvotosC%26aP%3Dmodulo%253DEVN%2526params%253Did%25253D20100225elpgal_15.Tes%252526fp%25253D20100225%252526to%25253Dnoticia%252526te%25253D%252526a%25253D5%252526ov%25253D73

SOBRE CLARICE LISPECTOR

Quen leu a Clarice Lispector sempre se preguntou, a que caste de escritora brasileira pertencía aquel espirito? Benjamin Moser en «Why this world», Ed. Haus,  aclárao: era xudea. E sen saber iso até agora non a podiamos comprender.

MANUEL («Calzados Lola»), DE VOLTA

Acaba un un libro e as personaxes van ficando atrás, pasan anos sen que os acordes. Até que un día, estás a imaxinar unha nova historia e reaparecen eles. Reeditan en castelán «Calzados Lola» xustamente cando o Manuel daquela novela se me reapareceu no que estou a escribir agora aos poucos. Cos anos e cos [...]

«CALZADOS LOLA», DE VOLTA

Van aló trece anos desde que se publicou «Calzados Lola», un dos poucos  libros meus nos que hai unha historia de amor máis ou menos linda. Volve en castelán no próximo mes de marzo da man da colección policial de «RBA«. Un nunca sabe moi ben que opinar dos seus libros, con todo hai algúns [...]

INTERNET E AS PARANOIAS

Alguén algún día terá que estudar de modo como actúa Internet sobre a imaxe persoal, tanto como se constrúe públicamente esa imaxe como de que maneira actúa sobre a conciencia íntima que un ten de si propio. Non sei se me explico. (Eu abrín esta sorte de blog logo de experientalo). Aquí queda un fragmento [...]

Olark Livehelp