O ODIO COMO DOENZA POLÍTICA

A extrema dereita española (a dereita sen máis semella que desapareceu coa UCD) usa o odio ás persoas como instrumento habitual. O odio a Zapatero, a todas as persoas que se poñan no seu camiño ao goberno, ao que cren ter «dereito natural». Aquí está César Alonso de los Ríos actuando. Aínda que ninguén o [...]

OS ESCRITORES GALEGOS, UNHA EXCEPCIÓN

O feito de a literatura galega ser custionada no seu propio país, de que a súa lingua siga a ser atacada, fai que os escritores galegos sexamos unha excepción no tempo actual: vémonos obrigados a ser escritores nacionais aínda que non queiramos. Obrigadamente «románticos». Non sei se iso é bo ou mao. Depende.

ESCRITOR, PATRIA, NACIÓN

«Vive elevada. Ou, patria! /E non contes os mortos, por ti/amada! Ningún de máis caeu», cantou o Hölderlin. A patria é devoradora. Quer Hölderlin (e Heidegger) quer os novelistas decimonónicos, encarnaban de distintas maneiras o escritor nacional. Xa non hai (Joyce foi o primeiro en máis cosas das que vemos).

«WAS BLEIBET ABER» (Hölderlin)

«O que permanece, fúndao o dicidor», escribiu o Hölderlin, arriba ou abaixo. Que difícil nos resulta enxergar «aquilo que permanece» no noso tempo. Non se pode ser «dichter». «Vasos sagrados son os poetas». Están mortos. «Lo que permanece, lo funda el decidor (poeta)», escribió Hölderlin, más o menos. Qué difícil nos resulta reconocer «aquello que [...]

O QUE UMBERTO ECO ENXERGOU, XA É

Nos anos sesenta Umberto Eco en «Apocalipticos e Integrados» enxergou unha crise e unha transformación que se prefiguraba. Xa está a ser, xa é.

PARÍS, BERLÍN, PARÍS, NEW YORK, BERLÍN…

Vexo na TV un fragmento de «La línea del cielo», un filme do director madrileño Fernando Colomo, que  unhas décadas despois axuda a comprendérmonos no tempo. No século XIX comeza unha aventura intelectual que vai encarnando en xeracións sucesivas de persoas que queren romper co seu mundo de orixe: a procura dun lugar máxico, unha [...]

SOBRE RAMÓN CABANILLAS

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/fracaso/dun/exito/elpepiautgal/20100122elpgal_26/Tes

CONTRA ELES, E A FAVOR DE NÓS: SÍSIFOS ANTIFRANQUISTAS

De certo, todo é moi simple: Hai que seguir sendo sempre antifranquistas. Son os de sempre , e hai que loitar polo de sempre. E non hai máis. Eles desprézannos e coidan que non temos dignidade, e a dignidade haina que gañar contra eles. É sinxelo. E duro. Eles volven sempre e nós deberemos seguir [...]

HAITÍ: BULIMIA DE TELEVIDENTES

Racións de imaxes de feridas,  mutilacións, violencia. Unha chea de horror nos telexornais satisfán a nosa demanda de horrorizarnos. Antes a xente pagaba unha entrada por ver iso no cinema, agora é de balde. E obrigatorio tamén. (É tamén necesario? Quen sabe).

http://www.nodo50.org/casapueblos/html/formulario.htm

Olark Livehelp