«SETE PALABRAS»: «Repetitivo e Trivial»

Logo que o autor bota fóra un libro vai recibindo toxos e flores, é un momento significativo e ás veces decisivo neste oficio de escritor. O pasado 24 de Decembro do 2009 no «Faro das Letras» do «Faro de Vigo» apareceu esta reseña de «Sete Palabras» que pego aquí. Van décadas escribindo libros así que outórgolle un certo papel ao paso do tempo para fixar o valor dun libro, aínda que non lle concedo confianza absoluta. Se pasados uns aniños, sequera un par deles, a senteza de que  o libro debeu ser abandonado na primeira folla acerta haberá que lle recoñecer a autora que disparaba con verdadeira puntería. Se non, ninguén llo recordará. Nin sequera sabe un se existirá este apuntamento na Rede para aquelas. Lembrareino eu, claro. Todos levamos reconto de feridas, magoaduras, escordaduras, mesmo rabuñaduras."Sete palabras": repetitivo e trivial

Vai tamén o link para outra reseña pendurada no «Cartafol» de «Vieiros.com«.http://vello.vieiros.com/publicacions/nova.php?Ed=38&id=57130

Olark Livehelp