EN DEMOCRACIA, O TERRORISMO É FASCISMO

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Malestar/division/elpepiautgal/20100131elpgal_4/Tes

CARALLO!

«Carallo!», foi o que me saltou cando lin a reseña que fixo Pemón Bouzas do meu libro no seu blog. O seu entusiasmo encolleume o peito unha miguiña. Ás veces un ten a tentación de dicir como cando fomos nenos «arremíteme!», déixame voltar atrás, desandar este paso.»Arremíteme» este libro, «despublícao». Este é o caso.

PRESBICIA

Caio na conta de que preciso os lentes para ver de perto constantemente.  E ben comprendo que é porque nada máis miro de perto. Pantallas, papeis. Debera ver máis de lonxe, saír a campo aberto e ollar ao lonxe.

EDUARDO MOREIRAS («Follas de vagar»)

A prensa é droga dura, é como unha taza de café preto, buscamos no xornal pequenos chutes que estimulen. Mais ás veces hai que escribir maino sobre un libro valiosamente maino. Mesmo nun xornal debe haber pequenos espazos para coller alento. http://www.elpais.com/articulo/Galicia/contemplacion/da/realidade/elpepiautgal/20100129elpgal_22/Tes[lang_

«MORGÚN»: Espada e meiguería

Encontro pola rede  unha reseña do meu libro «Morgún», na edición en castelán, que me encanta: «En una época mítica y brumosa, en que los hombres están marcados por el destino…»Que lindo non é ouvir o anuncio dun relato. Sona a literatura popular, subxénero de «espada e meiguería». Nos xéneros e subxéneros literarios é onde [...]

BOMBAS CONTRA PALABRAS

Das cousas máis miserábeis que se poden facer: pór unha bomba no domicilio familiar a unha persoa polas súas ideas.

UN ATRACO (culpas de escritor)

Hai anos abrín unha noveliña, «Ambulancia», cun atraco imaxinado nunha gasolineira. Leo hoxe que houbo un atraco nesa gasolineira, moi semellante ao imaxinado por min hai anos e sinto un aquel de culpa. A literatura son meiguerías, feitizos.

HABERÁ QUE LELO

http://www.elpais.com/articulo/cultura/Holocausto/discurso/politico/elpepicul/20100127elpepicul_6/Tes

VISCONTI, «La cadutta degli dei».

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/mO6chloWJb8" width="425" height="350" wmode="transparent" /] «La Cadutta degli dei» como toda gran obra manierista ten algo de moitas cousas. Ten de Agatha Christie e de Shakespeare, empeza como «Dez negriños» e logo semella que vai ser «Macbeth» resultando que é «Hamlet», tan homosexual. Moitas cousas varias, unha delas, que o nazismo naceu como un [...]

ABSURDOS DIARIOS («Bitácora»)

Gardo apuntamentos desde hai vintesete anos que desde hai vinteún se transformaron nunhas «bitácoras», diario de escritor. Van 10 libretas. Fáltanme catro carillas para rematar a décima. Estame a vencer a sensación de absurdo. A que remate esta debo empezar outra?, pregúntome.  Ou deixalo estar. Ten algún sentido xa o narcisismo e fetichismo do escritor? [...]

Olark Livehelp