[lang_gl]ANDO POR FACEBOOK, SEICA[/lang_gl][lang_es] ANDO POR FACEBOOK, POR LO VISTO[/lang_es]

[lang_gl] A Rede é para min un lugar ambiguo, ando por ela atoutiñando, tropezando, ás apalpadelas e nunca andaraei confiado. Así e todo o mesmo que hai xente que propaga o odio contra o tal “Suso del Toro” tamén hai anxos que aquí e alí lle dan unha axuda a Suso de Toro. Aí atrás recuperei as “botelhas ao mar” que daba por perdidas da man dun internauta e agora vexo que hai un perfil, ou como se chame, en Facebook. Algunha vez pensara niso, mais dame tanto medo e xa me ocupa tempo abondo esta sorte de blog, ou como se chame. E agora pois xa está aí o Suso. Vexo na páxina que é da man dunha persoa que se chama Mónica Domínguez Barja. Non pode ser cousa mala. GRAZAS, Mónica.[/lang_gl][lang_es] La Red es para mí un lugar ambiguo, ando por ella tanteando, tropezando, a tientas y nunca andaré confiado. Sin embargo, igual que hay gente que propaga el odio al tal “Suso del Toro” también hay ángeles que aquí y allí le dan una mano a Suso de Toro. Ahí atrás recuperé las “Botelhas ao mar” que daba por perdidas de la mano de un internauta y ahora veo que hay un perfil, o como se llame, en Facebook. Alguna vez había pensado en eso, pero me da tanto miedo y ya me ocupa bastante tiempo esta especie de blog, o como se llame. Y ahora pues ya está ahí Suso. Veo en la página que es de la mano de una persona que se llama Mónica Domínguez Barja. No puede ser cosa mala. GRACIAS, Mónica. [/lang_es]