AVANZANDO CRISE A CRISE de autor. (Cara onde?)

Peguei no blog, ou no que isto sexa, reseñas de Dolores Vilavedra e Iago Martínez das «Sete Palabras», ambas sinalan unha inflexión ou término ou…Eu sei que si, que algunha cousa hai e aínda non vexo o que. O propio Iago obrígame a ver que este libro é chegar a un precipicio. » E caddi como corpo morto cadde»

En parte teñen razón. Mais un xa vai maior (e iso xa non é unha circunstancia, xa é natureza íntima ese tempo vivido) e pode ollar cara atrás. Cando tiña deceseis ou decesete tiven unha  primeira crise literaria, Beckett á fin deixoume mudo: Despois de ler un texto seu, «Bing» coido que se titulaba, non sabía qué escribir que non fose plaxiar o seu silencio. A militancia política tívome entretido unha década e fun adiando a resposta, que foi «Caixón Desastre» e, sobre todo, «Polaroid». Tiven outra crise en botando fóra «Tic Tac»: xa dixera o que tiña que dicir, coidaba eu. Até que tirei de aló do máis fondo «A Sombra Cazadora», un libro perturbador oculto aos adultos nunha colección xuvenil. E agora estou con isto. A ver, preciso un tempo. Tampouco tanto. Acabareime safando por algures, como os raposos.

Aínda que as crises literarias correspondíanse tamén con dilemas vitais. Tamén agora. Pode que sexa o momento de encarar un certo fracaso profisional. A fin dunha aventura.

Olark Livehelp