«20 ANOS DE LITERATURA GALEGA»

Así se titula unha mesa redonda organizada para o próximo 15 de Novembro en Vigo que organiza a «Fundación Caixa Galicia»  e á que me convida a participar Luis Franqueira. 20 anos, son moitos ou poucos? Depende.

Para lembrar o que vivía este escritor hai vinte anos busco nos meus diarios. Encontro os primeiros apuntamentos desde o ano 1983, con todo o primeiro que está datado é do ano 1987 e o seguinte xa é de Maio do 1990. Paréceme evidente que ese escritor que leva esa conta ten un sentido histórico de si propio. Que caste de monstro é alguén que vive así?

Olark Livehelp