ESCRITOR@S, Joyce Carol Oates
Hamlet a Ofelia: «Pensades que son mellor de tocar que unha gaita? Tomádeme polo instrumento que máis vos reine, e por moito que fuchiquedes nel non habedes tirar de min son ningún?» Pregúntome se, sabendo a tropa que era aquel público para o que escribía o inglés, non terá un dobre sentido erótico.
Mais, ao que estamos, os escritores somos un instrumento e, aínda que o artista pretenda reunir dentro súa o masculino e o feminino, non é o mesmo instrumento o escritor varón que o escritor femia, por moito que o pretendamos. Hai un determinismo biolóxico. Leo «A filla do sepultureiro» de Joyce Carol Oates e comprobo que ninguén como unha muller, que sexa grande escritora, para contar o que sinte outra muller, personaxe.
Arquivado en : BAÚL MUNDO por susodetoro