SHAKIRA, «LIPSTICK»
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/d8vyECVOpQI" width="425" height="350" wmode="transparent" /] Contemplo,con certo fascinio difícil de evitar, o videoclip (hai outra palabra latina para chamarlle?) da Shakira, «Loba». O puro descaro de ofrecernos porno brando nun canal en aberto, e como non habemos mirar. E lembro un filme do ano 1976, «Lipstick», que relata o forzamento dunha muller, a súa impotencia para que sexa castigado…, e tamén o ambiguo, ou perverso, xogo coa sexualidade e o corpo da muller que é o día a día da publicidade e os medios de comunicación. Entendo que é un filme moi interesante e que tocou un nervo que fica oculto a cotío, oculto pola hipocresía.
Arquivado en : BAÚL MUNDO por susodetoro