DISNEY`S HELL

No apartado soto onde din que repousa o corpo de Walt Disney en conserva, sinistra conserva, hai máis horrores e en época de crise e confusión puxéronos á venda. Eis ese filme, outro máis, de pornografía da tortura, «Saw» (o VI). Os adictos ás «snuff movies» só teñen que pasar por taquilla ou baixala da [...]

«SETE PALABRAS» para o Día de Defuntos

Hoxe día 30 de Novembro hai un ano morreu Anxo Rei Ballesteros, Adolfo. A escrita/reescrita do meu libro «Sete palabras», un diálogo con fantasmas tamén incluiu as tesoiras, caeron pedaciños do libro que fican polos caixóns do ordenador. Un pedaciño que caeu xa o resgatei alá atrás e rescátoo hoxe para lembrar a un escritor [...]

«CANTIGAS DE SANTA MARÍA»

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/roubo/das/Cantigas/elpepiautgal/20091030elpgal_25/Tes

JUDITH, SALOMÉ, ESPERANZA AGUIRRE

Case inevitabelmente manexamos un repertorio de imaxes e referencias que nos dá a ideoloxía que herdamos. Os homes en Occidente temos expresado os nosos medos e ansiedades en figuras como a da Judith/Salomé decapitadora (castradora). Judith inspiroume unha novela, «Non volvas». Esperanza Aguirre, unha muller de forte carácter, seguramente aparece estes días para algúns varóns [...]

«20 ANOS DE LITERATURA GALEGA»

Así se titula unha mesa redonda organizada para o próximo 15 de Novembro en Vigo que organiza a «Fundación Caixa Galicia»  e á que me convida a participar Luis Franqueira. 20 anos, son moitos ou poucos? Depende. Para lembrar o que vivía este escritor hai vinte anos busco nos meus diarios. Encontro os primeiros apuntamentos [...]

LIBRO ELECTRÓNICO? Non, TEXTO DIXITAL?

O proceso de dixitalización tecnolóxica vai atinxir a moitos aspectos da nosa vida e a prácticamente todos os instrumentos. A lectura no libro dixital fai desaparecer as páxinas, a idea poética de «follas», a páxina como metáfora. E así fica só o texto, soíño. As palabras núas. Que frío non han pasar.

ESPERANZA AGUIRRE/»SALOMÉ» (Política: caricaturas literarias)

A vida só se comprende de vez a través da literatura. A literatura mesmo axuda a aclarar os actos e as representacións dos políticos, sobre todo nese momento da política que é a loita polo poder. Aí está a presidenta madrileña a encarnar a Salomé a pedirlle a Herodes a cabeza do Bautista en bandexa [...]

GRIPE A=EFECTO 2.000

E que foi daquel temíbel «Efecto 2000″ que había paralisar a Internet e mais os ordenadores todos do mundo terráqueo, que había sufrir un colapso total? O mesmo que a Gripe A. Non foi. Vivimos nun mundo que aboia no onirismo. Xa o dixo Calderón de la Barca, a vida é soño. Érao daquela, éo [...]

ESCRITOR@S, Joyce Carol Oates

Hamlet a Ofelia: «Pensades que son mellor de tocar que unha gaita? Tomádeme polo instrumento que máis vos reine, e por moito que fuchiquedes nel non habedes tirar de min son ningún?» Pregúntome se, sabendo a tropa que era aquel público para o que escribía o inglés, non terá un dobre sentido erótico. Mais, ao [...]

SHAKIRA, «LIPSTICK»

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/d8vyECVOpQI" width="425" height="350" wmode="transparent" /] Contemplo,con certo fascinio difícil de evitar, o videoclip (hai outra palabra latina para chamarlle?) da Shakira, «Loba». O puro descaro de ofrecernos porno brando nun canal en aberto, e como non habemos mirar. E lembro un filme do ano 1976, «Lipstick», que relata o forzamento dunha muller, a súa [...]

Olark Livehelp