POESÍA DE EROTISMO+FRÍO (!)

Chégame un papel coas bases dun certame de poesía erótica chamado «Illas Sisargas». As Sisargas son unhas pequenas illas moi lindas de ver desde a ribeira de Malpica, son un lugar aberto ao ar e sen abeiros. Non imaxinamos cousa máis contraria ao erotismo que busca  a calor e o acocho e o cerrado, as [...]

«SETE PALABRAS», finalmente

E dubidei e dubidei co título do libro. Estaba finalmente en que había ser «Por arte de maxia». E non foi. Veume un derradeiro trasacordo e púxenlle «SETE PALABRAS». E morra o conto, que se non…

«LA SOMBRA CAZADORA»: LUCUS/RED

Cando quixen escribir sobre esa relación tan contemporánea e dramática entre a carne e a imaxe escribín unha narración, «A Sombra Cazadora». Que o destino das narracións sexan as coleccións infantís e xuvenís é o axeitado. A narración fálalle aos corazóns novos.

AS BIBLIOTECAS E O LIBRO DIXITAL

Do que se falou, falamos, na mesa redonda do «Hay Festival» de Segovia sobre o libro dixital que organizou «CEDRO», quédame unha pregunta dunha bibliotecaria desde o público: «Que vai ser das bibliotecas».    As bibliotecas hoxe teñen varias funcións, mais hai unha que é fulcral, son templos dos libros. Son un «lugar», xusto o [...]

«AL ALBA» FUSILARON A CINCO

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/4vdm2OHdgHA" width="425" height="350" wmode="transparent" /] Hoxe, aniversario do fusilamento de José Humberto Baena, José Luis Sánchez Bravo, Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot e Ángel Otaegui. «Al alba» é a canción que compuxo en homenaxe Luis Eduardo Aute. Nunca estivo tan inspirado, hai un anxo triste e ás veces inspira.

A DEREITA ESPAÑOLA E O MEDO

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Jugar/miedo/elpepiautgal/20090927elpgal_5/Tes

“FESTIVAL HAY” (Que hay? Festival)

Xa vou comprendendo de que vai isto do Festival Hay: pásase ben. Fálase de literatura, é; fálase de libros entre escritores, críticos e demais xente, é, agora que o que se che queda na memoria é que riches moito, comeches ben e bebeches abondo (“Pago de Carrovejas”!). Paréceme que se trataba diso. Non che está [...]

LIBRO ELECTRÓNICO? LIBRO DIXITAL

Debemos chamarlle «libro dixital», pois electrónico é o chisme, o cacharriño de ler, o texto está dixitalizado. Cuestión epistemolóxica e ontolóxica: E cal é o libro neste caso no que se separan a alma e o corpo? O soporte electrónico ou o texto dixital? A ver. A ver que lles conto.

LIBRO ELECTRÓNICO: O MEDO

Estou aquí para divagar unha miga sobre o chamado libro electrónico. Polo de agora aínda non é máis que un fantasma, iso sí esa fantasma xa está aquí e condiciona todo o que ten a ver cos libros. É un medo de editores, libreiros, escritores…Con razón. Cambiar danos traballos, os cambios doen. E quen dixo [...]

SEGOVIA: «HAY FESTIVAL»

O «Hay festival» este de Segovia: hei marchar de aquí sen saber ben que cousa é o tal «festival» (Pronúnciese ao xeito inglés). E que linda é Segovia. Onte nunha cata de viños de Castela e León, o sumiller/enólogo, etc conseguiu o que me parecía imposíbel, que aborrecese beber os viños que servían. Tomounos como [...]

Olark Livehelp