De neno no colexio onde estudei faciannos desfilar, un, dous, mentres cantabamos todo tipo de cancións fascistas, desde o Cara al Sol, até Isabel y Fernando el espíritu impera moriremos besando la sagrada bandera, e tamén o «Gibraltar, Gibraltar, avanzada de nuestra nación…» Desfilábamos os rapaces un día e outro no inverno, canta que canta, [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
Cando ocultamos un aspecto do estado das cousas, enganamos. Al Lieberman alude, con razón, a que se o cinema español fai durmir ás ostras pois non hai goberno que o salve. Oculta que o cinema norteamericano, alén de acumular intelixentemente tantos talentos de todas partes do mundo, tivo apoio estratéxico dos seus gobernos para ser [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
O caso Berlusconi obríganos a reconsiderar a imaxe típica e tópica negativa que temos dos políticos profesionais, pois o que caracteriza a Berlusconi é precisamente a súa falta de profisionalidade: fixo todo o que lle petou sen reparar nos límites. E fixo todo o posíbel por romper os límites á acción política, de modo que [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
Un escape de acido nítrico en Tarragona, hai unha nube de gas: que se encerren os veciños nas súas casas, agora que como ser «non é tóxico». Unha avaría na central nuclear de Ascó: moita tranquilidade, tamén é inocuo. Non hai de que se preocupar vivimos entre bombas mais son inofensivas.Unicamente ecoloxistas e persoas histéricas [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
Estes días lembrouse, algo, o golpe de estado dos xenerais nacionalistas que desencadenou a Guerra Civil española. E falouse do franquismo chamándolle «dictadura» novamente. Non concordo, insisto: Non foi unha dictadura, dictadura foi a de Primo de Rivera. O franquismo foi un réxime totalitario e como tal debera ser analisado e estudado.
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
A Historia é unha arma, os historiadores son fabricantes de armas. Cando a Historia entra nas cabezas da xente daquela é a guerra (que, non sendo as guerras coloniais, sempre é guerra civil).
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
«Diario de Berlín»: como se foi criando un monstro consentido por quen non o tiña de consentir, criado pola Alemaña co consentimento covarde da Inglaterra e Francia…A verificación da historia a través dos feitos diarios. Como é que dicía Macbeth? «Todos aqueles ontes trouxéronnos até este hoxe deitado por terra.» (Máis ou menos, vai de [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
En El País, edición de Galicia: Núñez Feijóo importa receta de cocidito madrileño.
Filed under Artigos de prensa por susodetoro
Comentarios desactivados
Eu tamén fun cazador cando novo e coido que ten razón o ex ministro Bermejo, a esquerda non comprende a caza. Unha boa parte da dereita, polo contrario, enténdea ben e faina súa. Probabelmente a esquerda representa ben a sensibilidade dominante na nosa sociedade, e probabelmente parte da dureza que ten a dereita veña dese [...]
Filed under Artigos de prensa por susodetoro
Comentarios desactivados
O que está a ocorrer no PP é, xa o teño dito antes, unha implosión. Mariano Rajoy quixo controlar un proceso de crise e non deu, e xa non hai quen dea. Cando unha máquina chega a isto é que xa hai que apartar dela e deixar que estoupe, xa se arranxará logo o que [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados