«POR AMOR AL ARTE»/»SIN PAPELES»

E finalmente seique a xente de librodenotas me vai editar un libro electrónico, e se non hai novidade coido que lle vou chamar «Por amor al arte», unha selección de textos sobre literatura, artes e sociedade que non están editados en castelán ou que andan estrados por aquí e por alá e que reúnen o que discurro sobre eses asuntos. A edición fíxoa a profesora e traductora Dolores Vilavedra.

O título é tamén o dun libro vello, e bo, do meu querido, admirado e indefiníbel Andreu Martín. (Ou debo chamarlle mellor «Sin papeles»?)

Con ese motivo recupero un ensaio que fixemos hai anos da man do David de Ugarte: no ano 2004, literatura para móvil. Canta xente leu aquelas cousas? Nin idea. Pouca debeu ser, saberáo David. A literatura segue a ser de papel ( a min tampouco me parece mal).

Olark Livehelp