ETA: clasismo, racismo

Resulta particularmente obsceno que ETA se presente como un movemento «de liberación». Liberación de quen? Dos amos, dos que teñen privilexios, dos que son máis chulos? ETA é fundamentalmente clasismo, desprezo aos «outros» que considera inferiores. Unha forma vil de racismo como outra calquera.

M.V.M. (Manuel Vázquez Montalbán)

Libros de M.V.M. con «Público» en kiosko. Morriña de MVM.

(30-07-2009) ETA: A RESPONSABILIDADE VASCA

É ben certo que o pobo alemán tivo moita responsabilidade nas atrocidades do réxime nazi, o nazismo naceu de cousas ben profundas na súa cultura nacional. ETA volveu asasinar a dous garda civís. Vai sendo hora de que os vascos se pregunten que cousas hai no seu país, dentro deles, para que a ETA tivese [...]

«MUROS DE SAL, NAUS DE PAU E VELA»

Sobre un «Encontro de embarcacións tradicionais» celebrado en Muros, 2009. MUROS DE SAL, NAUS DE PAU A VELA Estoutro día a vila de Muros vestiuse de pesco; as casas, as tendas, a xente memoriou o oficio de vivir do mar. A vila acolleu con arroubo ao Encontro de Embarcacións Tradicionais: dornas, gamelas, barcos do xeito, [...]

A MORTE NON PREVALECE SOBRE A VIDA

Hai un par de días enterraron en Louro a Antonio de Amalia, foi un home bo e xeneroso. Cavilaba nisto no funeral: a morte non destruiu a Antonio, non lle puido tirar o que foi. Só puido matalo. A morte non é inimiga da nosa vida se nós non o queremos, se non a contaminamos [...]

«DEL» TORO POR CÁDIZ (TIME AGO. Léase, «taim egou»)

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/xSSAvwNct9s" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

ETA: ESPAÑA PURA

O turrar, o berrar, o ser chulo, o gusto polo sangue…, ninguén é tan español como un vasco. Nada é tan español como a ETA. Pura España. E será por iso que o seu odio é tan intenso, é un asunto de familia. Os membros de ETA son Garda Civís vascos e por iso queren [...]

FIGURA DE ESCRITOR HOXE

Hai trinta e cinco anos lía eu o suplemento cultural, páxinas amarelas segundo lembro, do xornal «Informaciones», lía «Ínsula»,…Lía autores españois, franceses, americanos, galegos…imaxinaba unha determinada figura de escritor. Nos anos oitenta apareceu diante outra figura de escritor posíbel, a que chegou aquí. E HOXE NON SEI QUE NOVA FIGURA DE ESCRITOR EMERXERÁ DESTA CRISE [...]

«SHOAH», de Claude Lanzmann: OBRA DE ARTE TOTAL

Coido que  »Shoah» é a obra de arte total que resume o século XX, e como obra de arte que é tamén encerra unha cosmovisión relixiosa da existenza humana.

(24-07-2009) RETROCEDER AO SÉCULO XIX/lang_gl]

Hoxe pola tarde, no paseo da Ferradura de Santiago,  diante dunha estatua de Rosalía de Castro costeada no seu día polos emigrantes na América, os escritores en lingua galega leron unha reivindicación da súa lingua. É un acto digno das postrimerías do franquismo ou unha estampa da Europa de fins do XIX. Hoxe con esta [...]

Olark Livehelp