VINILOS, CDs

[lang_gl] Estaba para escribir “conservo” os discos de vinilo, mais non: sígoos a escoitar, non os “conservo”. E vexo con pasmo alegre que se volven editar e vender. Hoxe merquei un CD do Neil Young, “Mirror Ball”, aquí vai un cachiño. Fixen algo absurdo e fóra de época? Será certo que tamén deixarán de editarse CDs substituidos pola música dixital? Ou haberá sempre a soidade, a necesidade de que a música gardada  teña fisicidade? Non sei.

Iso lévame a pensar nos libros. Faime crer que dun modo ou doutro teremos a demanda de que cada libro teña un lugar de seu, un corpo de seu, fisicidade. Tampouco non o sei. [/lang_gl][lang_es] Estaba a punto de escribir “conservo” los discos de vinilo, pero no: los sigo escuchando, no los “conservo”. Y veo con pasmo alegre que se vuelven a editar y vender. Hoy compré un CD de Neil Young, “Mirror Ball”, aquí va un pedazo. ¿Hice algo absurdo y fuera de época y de moda? ¿Será cierto que también dejarán de editarse CDs sustituidos por la música digital? ¿O habrá siempre la saudade, la necesidad de que la música guardada tenga fisicidad? No lo sé.

Eso me lleva a pensar en los libros. Me hace creer que de un modo u otro tendremos la demanda de que tengan existencia individual, un lugar, un cuerpo de suyo, fisicidad. Tampoco lo sé.  [/lang_es]