PUBLICAR ELECTRÓNICO?
A cada día tropezo máis coa idea, tentación, de publicar en edición dixital. Teño case toda a miña obra descatalogada ou inédita en castelán, teño un libro de ensaios traducido a agardar editor…, debo agardar a que lla pida ao meu axente unha editorial en papel? Por que non vou ofrecela eu en edición electrónica? Debo dar ese salto? Que distancia é a que salto?
Arquivado en : LIBROS "SETE PALABRAS" ("por arte de maxia") por susodetoro