«ESCRITORES NO PARLAMENTO GALEGO. 1991″

parlamento-encontro_escritores_916 O profesor Henrique Monteagudo, Quique, envíame esta foto dunha visita de escritores galegos ao Parlamento da Galiza no ano 1991. Non teño nin idea do motivo da visita, os anos pasan e a memoria pérdese.

Algunhas caras da fotografía xa son o rostro de fantasmas. E todos os que estivemos nese momento posando somos un pouco máis fantasmais. Isto foi antes de que chegase Núñez Feijóo e a súa xentiña a tocar o asubío dos capadores da lingua. Nunca pensara que poderiamos extrañar aqueles anos da Xunta de Albor, a vida é un disparate.

Olark Livehelp