LIBRO ELECTRÓNICO, TEXTO FANTASMAL
O libro de descarga por Internet está aí diante. Será a morte de moitas cousas, pode que das librerías, pode que dos editores, dos axentes literarios, de nós propios, os escritores, pois aínda que sempre se precisará quen cree os contidos, os textos, pode resultar que a profesión non nos dea para vivir, que sexa inviábel seguir a ser escritor.
En todo caso tamén será a transformación do libro noutra cousa, no nacemento de algo novo: quizais o libro-cousa, de papel e cartón, foi a crisálida e próximamente emerxa o texto puro, desencarnado, sen corpo; feito de enerxía non de materia. (Que pensará o David de Ugarte disto?)
Arquivado en : BAÚL MUNDO por susodetoro