ANTONIO GAMONEDA, BENEDETTI…PARA GUSTOS, POETAS

Na morte do poeta Benedetti outro poeta Gamoneda fixo un xuízo literario sobre o finado, foi un xuízo honrado, xusto, decente, nese xuízo personal relativizaba o valor poético da súa obra. Outros poetas, que se mostraron partidarios de Benedetti, desaprobaron con rudeza a opinión expresada por Gamoneda.

Un non sabe que dicir de vez, algo si sabe. Un poeta, un artista, non é alguén que poda, ou deba, ocultar ou relativizar a súa opinión sobre o que realmente lle importa, a poesía, a arte. Niso, o artista é partidario das búsquedas absolutas. Gamoneda dixo a súa verdade poética, non pode dicir outra cousa da obra de Benedetti. Fica a posibilidade de calar, mais é  esa unha posibilidade para un poeta, un «dicidor»? E pódeselle esixir iso?

E tampouco é xusto crer ou dar a entender que Antonio Gamoneda non recoñeza a obra dos demais, dunha volta, a falar de poesía, díxome con rotundidade que Claudio Rodríguez foi o mellor poeta do século XX na España. E Claudio era contemporáneo de Antonio.

Así e todo, quizais os poetas dos que máis gosto estean no medio entre Benedetti e Gamoneda, o César Vallejo e o Claudio Rodríguez.

Para gostos, poetas.

Olark Livehelp