«TYNSET» de Wolfgang Hildesheimer
En editorial «El Olivo Azul». Apirolante. Momentos de avance lento, mais logo…, qué golpes.
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
En editorial «El Olivo Azul». Apirolante. Momentos de avance lento, mais logo…, qué golpes.
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
A pandemia lectora de «Millenium» está a ter os primeiros efectos mutantes: mulleres que leron a triloxía deron a luz meniños que choran en sueco! Rosalía, Pessoa, Cervantes, Shakespeare, salvádenos!
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
Un amigo que gosta de ler, e que estivera de viaxe uns meses, confioume casualmente que non lera eses libros dos que tanto se fala e que seique todo o mundo leu. «Baixa a voz», dixen, «non che vaian ouvir». «Se se enteiran obrigaránche a lelos. Ti tés un valor ecolóxico e cultural incomparábel. Dentro [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
Estaba para escribir «conservo» os discos de vinilo, mais non: sígoos a escoitar, non os «conservo». E vexo con pasmo alegre que se volven editar e vender. Hoxe merquei un CD do Neil Young, «Mirror Ball», aquí vai un cachiño. Fixen algo absurdo e fóra de época? Será certo que tamén deixarán de editarse CDs [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
Madonna é a gran sacerdotisa da relixión da transparencia e o vacío. Michael Jackson o año sacrificial. Heidegger, o crego católico ateo, foi o profeta deste espectáculo tétrico.
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
A vida de Michael Jackson é a dun cometa que se autodestrúe. O seu talento foi acompañado, quizais nacese de aí mesmo, polo odio á súa propia identidade. O desexo de non ser el ou de ser outro finalmente foi o desexo de non ser. Non ser preto, non ser varón, non ser adulto. [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
Por algún motivo, ou por moitos, son odiado por «neocons» e «concons», carcas de onte e hoxe. Tanta unanimidade, Cope, Onda Cero, El Mundo, Abc, La Razón…, recoñezo que me preocupa. Tanto ten o que escriba ou faga, han aparecer os odiadores a facer o «comentario de texto» perverso. Non podo evitalo. Aquí están, outra [...]
Filed under Artigos de prensa por susodetoro
Comentarios desactivados
A nosa especie vai cerrando un ciclo, teceu a súa rede ao redor do planeta, creou unha especie global, conscientemente articulada. A nosa intelixencia individual creou intelixencias comunitarias, tribais, nacionais…Agora, a intelixencia da especie. É a Rede a raíña do noso formigueiro, a depositaria da intelixencia colectiva desta especie?
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
Para que logo digan que imaxinei de máis no meu libro «Trece Badaladas»: a serie norteamericana «Mentes criminais» ofreceu un capítulo no que asasinaban a un crego na catedral de Santiago, chamábase Raúl del Toro. Se lle quitamos o «l» ven ser o nome dun irmán meu. Xa o avisei, que ande ao xeito que [...]
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
Unha boa nova: A cada vez máis hai persoas que louvan os meus artigos na prensa, iso agrádame sumamente. Aínda que non sei o que durarei. Levo a escribir artigos en prensa desde hai uns vintecinco anos, soamente interrumpín esta actividade cando me cerraron as portas os donos dos xornais. Van alá centos de artigos. [...]
Filed under Artigos de prensa por susodetoro
Comentarios desactivados