JUAN JOSÉ MILLÁS& CARLES MOYÀ

[lang_gl] Leo no xornal da véspera, a lectura do xornal o día despois é moito máis proveitosa, a columna do Juan José Millás, como tantas outras súas merece un premio Nacional ( únicamente me parece que lle sobre citar a un ex ministro).

Na mesma páxina unha entrevista co tenista Carles Moyà, é grato saber dun deportista que le. Os seus comentarios son os de alguén que xa olla o camiño andado con perspectiva, está a entrar na madurez, está a abandonar a primeira liña.

Fala da competitividade con esa franqueza que caracteriza ao deporte, sitúase no número 12 do tenis mundial na súa categoría. Ten un número para situarse.

Na literatura está mal visto falar da competitividade, mais é tan evidente, sen embargo non é posíbel establecer unha orde vertical mundial, nin sequera dentro dunha lingua ou dun país. Niso mesmo consiste a literatura como xogo, como deporte, os escritores poderán ter a mesma violencia que os deportistas mais traballan con algo inclasificábel e incuantificábel. [/lang_gl][lang_es] Leo el periódico de la víspera, la lectura del periódico del día anterior es la más provechosa, la columna de Juan José Millás. Como tantas otras suyas merece un premio Nacional (únicamente me parece que sobre citar a un ex ministro).

En la misma página, una entrevista con Carles Moyà, es grato saber de un deportista que también lee. Sus comentarios son los de alguien que ya mira el camino andado con perspectiva, está entrando en la madurez, está abandonando la primera línea.

Habla de la competitividad con esa franqueza que caracteriza al deporte, se sitúa en el número 12 del tenis mundial en su categoría. Tiene un número para situarse. En la literatura está mal visto hablar de competitividad, aunque es tan evidente, sin embargo no es posible establecer un orden vertical mundial, ni siquiera dentro de una lengua o un país. En eso mismo consiste la literatura como juego, como deporte,  los escritores podrán tener la misma violencia competitiva que los deportistas pero trabajan con algo incalificable e incuantificable.[/lang_es]