A FACER AMIGOS…
O meu doppelgänger ten gran maña para manter abertos mil frentes ao tempo, debe de ser a maneira que teño de vivir unha vida divertida. Case cada vez que publico algo en prensa consigo facer novos amiguiños, esta semana nun só artigo mándolle un saúdo ás tres forzas políticas galegas. E a unha delas, no medio do seu congreso, para que alí reunidos poidan mentar o meu nome. Este doppelgänger meu acabará comigo.
Arquivado en : DOPPELGÄNGER por susodetoro