LITERATURA EN CRISE
E pois é, teño un libro en crisis aberta: o meu “Por arte de maxia” que xa contaba eu que estaba feito vexo que ten de ser refeito. Xa teño un cacho de cabeza a matinar niso.
Mais, alén da crise da creación do libro en si, vexo que hai máis crises. Sinto que está en crise a literatura mesma tal como a coñecemos, sinto que xa non hai espazo par a literatura “literaria”.
Probabelmente non haxa sitio tampouco para a figura de escritor na que me vexo eu. Todo ao meu redor está en crise. Non sei se tamén eu non estarei en crise.
Arquivado en : LIBROS "SETE PALABRAS" ("por arte de maxia") por susodetoro