STIEG LARSSON

Un escritor sempre se pregunta pola literatura, unha parte da literatura está en quen le, en conxunto, no público. E cando hai un éxito de público preguntámonos, e logo como será iso?     Empecei a ler un libro da triloxía «Millenium», curiosidade. Entrei nel, logo tropecei un pouco, logo seguín…, xa veremos máis adiante. O [...]

CAÑIZARES, ABUSOS, ABORTO

Os casos de pedofilia sistemática e masiva, sábese agora o dos orfanatos na Irlanda, verdadeiros infernos para nenos, demostran que a Igrexa Católica é unha institución enferma. O Concilio Vaticano II foi un intento de apertura ao mundo e de curación, mais hoxe está completamente liquidado. E as declaracións do cardenal Cañizares considerando peor un [...]

O MEU DOPPELGÄNGER TRÁEME BEN PROBLEMAS

Jueves 28.05.2009  |  Actualizado 11.45      Hemeroteca web  |    RSS      [Noticia 1 de 1]Opinión » Cartas al Director ÁLVARO . SANTA CRUZ DE RIVADULLA A Suso de Toro 27.05.2009 2.6/5 [11 Voto/s] | 1 comentario A vista da crónica do domingo en El País na que pon en dúbida unha vez máis, e van… a lexitimidade das recentes eleccións galegas e, por ende a intelixencia de [...]

NICK CAVE, LEONARD COHEN…

Hai artistas predicadores, como o Bob Dylan, Leonard Cohen, John Cale, Anne Clark, Nick Cave…, gosto deles. Supoño que reunir a un par deles nun só concerto debe de ser como asistir a un acto relixioso.

ALMODÓVAR/»EL PAÍS»

Pedro Almodóvar síntese maltratado por «El País». Un disparate. Foi El País precisamente quen creou o «fenómeno Almodóvar», un fenómeno que é de consumo español e que insisten en dicir que é internacional,  un fenómeno informativo que vai alén do artístico  e ten moito a ver coa época e coa ideoloxía. Almodóvar foi a insignia [...]

BARCELONA, BARÇA, GUARDIOLA…

Coñecín ao Guardiola hai uns anos, un tipo excelente e elegante no máis amplo e fondo sentido da palabra, poucas cousas mellores se poden dicir de alguén. Adestrador aparte, este Barça obtén grande parte da súa forza, claro é, da teimosía dos cataláns e do seu sentido da dignidade. Visca Barça e visca a elegancia [...]

PETER NORMAN, O TERCEIRO HOME NO PODIO

Nos xogos olímpicos de 1968 en México os atletas norteamericanos de raza negra Tommie Smith e John Carlos cando subiron ao podio recolleren as medallas saudaron co puño en alto para denunciar a discriminación dos negros nos EE.UU.. Acompañounos e deulles o seu apoio un atleta australiano branco, Peter Norman.  Os tres atletas foron desposuidos [...]

MÚSICA CLÁSICA

O meu fillo non entende que eu ande sempre a escoitar «música clásica», fai ben. O que me fai rir é pensar que el acabaráo por comprender…, cando teña os meus anos. Nos gostos de cada un, moito é cousa de anos.

JUAN JOSÉ MILLÁS& CARLES MOYÀ

Leo no xornal da véspera, a lectura do xornal o día despois é moito máis proveitosa, a columna do Juan José Millás, como tantas outras súas merece un premio Nacional ( únicamente me parece que lle sobre citar a un ex ministro). Na mesma páxina unha entrevista co tenista Carles Moyà, é grato saber dun [...]

COREA NUCLEAR

Corea do Norte anda a facer probas nucleares: semella algo tan fóra de moda, tan vello. Xa pensabamos que saíramos do tempo no que o terror nuclear da Guerra Fría pairaba sobre o mundo, estabamos agora nun mundo internético e non sei que máis…, e van agora eses coreanos e xogan coas bombas. E se [...]

Olark Livehelp