VERDI ERA RUIN
O nome do gran Verdi vai asociado no imaxinario italiano, e por extensión europeu, ás loitas democráticas que fundaron as nacións modernas no XIX, o seu «canto dos escravos hebreus» do «Nabucco», pasou ser como un himno liberador.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/yPRxQ9FXc7o" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Mais o Maurizio Chierici no seu romance histórico «Quel delitto in casa Verdi», escrito sobre unha documentación rigurosa, móstranos ao Verdi como o latifundista que tiña aos seus caseiros como escravos, sumidos na fame, na ignorancia e no medo.
Os europeus fundamos as nosas nacións todas sobre mentiras, sobre literatura cativa.
Arquivado en : BAÚL MUNDO por susodetoro