As historias de ficción nalgunhas series norteamericanas son simplemente estupendas. Para calquera escritor de ficción ten de ser un honor escribir un guión tan cheo de vida, de morte, de compaixón, de comprensión. Un honor.
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
A peste que anda solta polo mundo: volveu a Idade Media. Ou, mellor, realizáronse os temores que imaxinou a ciencia ficción: nun mundo global, tecnolóxico, hipercomunicado…A peste.
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
«Capturing the Friendmans». Impresionante, desestabilizadora, demoledora. Se algo fica en claro logo de vela é que a familia foi víctima da Lei de Lynch, a verdadeira lei norteamericana, e que contra esa xente operou o odio dunha comunidade ao distinto; en concreto o odio ao xudeu. Puro antisemitismo. Chámame a atención que no filme non [...]
Filed under Artigos de prensa por susodetoro
Comentarios desactivados
Non podo deixar de compartir algo desa raíña, Nina Simone. «Pecador».
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
O Bruno Arpaia, en «Per una sinistra reazionaria» propón unha esquerda moral. No fondo corre a melancolía do intelectual que, inevitabelmente, non sabe ser optimista, porque non ten fe. A fe élle dada soamente aos inocentes. E nós, mágoa, Bruno, carecendo de inxenuidade perdemos tamén a inocencia.
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
Debate de ideas en «Culturas» de «La Vanguardia» e «Iglesia Viva»
Filed under Artigos de prensa por susodetoro
Comentarios desactivados
Un enreda en tantas cousas, pasan os anos…Xa esquecera este xogo de mandar literatura por teléfono A literatura é un xogo, esquecémelo de máis os escritores, somos tan importantes…
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
Hai anos publiquei un libro do que xa perdín a pista, descatalogado, sobre o Camiño de Santiago. Fun alí da man do fotógrafo Xurxo Lobato, cultivador e coidador do Camiño, e escribín un libriño, el puxo as fotos, atopei este cachiño na Rede daquel libro perdido. Vai.
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados
Xa hai un ano publiquei no suplemento Culturas que edita o xornal «La Vanguardia» un artigo sobre relixión, relixiosidade, «La religión entre nosotros (Los que hablamos a los muertos)» escrito desde min, desde a miña experiencia persoal. Iso deu lugar a un debate para min moi interesante. O texto foi lido en Catalunya e desde [...]
Filed under Artigos de prensa por susodetoro
Comentarios desactivados
Encontreime hai tempo co Eloy Lozano nun aeroporto, eses limbos, contoume que estivera mal, a piques de morrer. Estaba recuperado, estaba alí. Agora xa non está. Un espíritu doce menos entre nós. (As axendas vánseme enchendo de nomes de persoas mortas. Quen atende eses teléfonos)
Filed under BAÚL MUNDO por susodetoro
Comentarios desactivados