ENRIQUE VILA MATAS, ITALIA. DE TORO A TORINO
Non sabía que había un premio en Italia chamado «Mondello» e leo que llo deron a un libro do Enrique Vila-Mata, alégrome. A aventura literaria de Vila-Matas é moi personal, radical, a creación do «eu» dun escritor. Para iso ten que deixarse devorar pola personaxe. Arriscado. Que teña sorte.
E tamén eu marcho para a Italia, estiven a semana pasada en Toro e alí cerrei o libro, así que De Toro vai de Toro a Torino (Turín). Seique por alí perto, en Ivrea, hai unha cousa chamada Manifestación Hispánica, a ver. A editorial Gran Via quería presentar en Milán a edición italiana do meu Home sen Nome, traducida por Fabio angelli, mais seica o Instituto Cervantes non lles valeu. Lástima.
Así que «Ciao».
Arquivado en : BAÚL MUNDO por susodetoro