CRISE NO NACIONALISMO GALEGO

O retroceso electoral continuado e a derrota política do BNG nas pasadas eleccións, compartida cos socialistas galegos,  non é unha crise dunha organización política, nin sequera do nacionalismo galego, é unha crise histórica do galeguismo político, unha corrente histórica cultural e política que arranca da Ilustración e o Liberalismo desde principios do XIX e que, logo de moitas transformacións, hoxe aparece representada políticamente nunhas únicamente nunhas siglas.

Probabelmente todo se vai reducir a unha discusión de afiliados dentro dunha organización, o BNG, mais realmente é un asunto de interese para o conxunto da sociedade galega: quer Galiza autogobernarse, ter organizacións propias, ser un país de seu? Ou non. Non é un debate esencialista en absoluto, mais é absolutamente esencial.

Olark Livehelp